As obras de reforma e mellora da “Galiña Azul” de Torneiros realizaronse en quince días costeadas polo Concello de O Porriño

O custe final das obras é de 48.054 € que son aboados polo Concello de Porriño con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia.
Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Galicia,O Porriño

As obras de reforma e mellora da “Galiña Azul” de Torneiros realizaronse en quince días costeadas polo Concello de O Porriño

As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vencellada a rede “Galiña Azul” da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como hoxe comprobou unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure.

En presenza das responsables e persoal da gardería así como de algunas nais que estaban a colaborar en tarefas de limpeza, a comitiva municipal comprobou o resultado das obras. Na zona dos nenos de 0 e 1 anos e de 1 e 2 habilitaronse novos espazos de baños, lavabos e cambiadores así como novo mobiliario. Asimesmo se habilitou outra nova dependencia, unha “aula de soño” e se renovaron instalación eléctricas e de fontanería. Restan remates entre eles a cubrición dos dous areneros do xardin exterior onde xogan os nenos que se fará entre hoxe e mañá.
Por outra banda tamén pintaronse aulas e espazos común e se instalaron detectores de fume e outras medidas de seguridade recomendadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta administración, dependente da Xunta de Galicia otorgou luz verde ó proxecto o pasado 14 de agosto razón pola que as obras empezaron o festivo 15 e os traballos tiveron que realizarse en dúas semanas.

O Concello de Porriño enviará a persoal para que faga a limpeza xeral das instalacións a fin que se poida abrir a Galina Azul de Torneiros para o vindeiro xoves día 5.

O custe final das obras é de 48.054 € que son aboados polo Concello de Porriño con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia.