As obras de saneamento de Covelo-Atios obrigan a restrinxir durante tres días o tráfico de acceso o colexio

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,O Porriño

As obras de saneamento de Covelo-Atios obrigan a restrinxir durante tres días o tráfico de acceso o colexio

Desde primeira hora desta tarde a Policía Local restrinxe cun valado e coa presenza de axentes o acceso de vehículos ó CEIP de Atios. Darase prioridade ós autobuses de transporte escolar.
A medida está vencellada coas obras de saneamento que o Concello realiza no lugar de Covelo e que executa a empresa “Naturgalia”. Lourdes Moure, concelleira de Educación e Vías e Obras explicoulle as medidas ó director do CEIP para que dea traslado á comunidade educativa solicitando a súa comprensión e colaboración.
Estímase que a restricción durará tres dias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.