As obras do macroparque de Venezuela incluirán a renovación de tubaxes de ferro de máis de 80 anos

O Concello vai renovar as canalizacións da rúa Venezuela unha vez detectado o mal estado das mesmas -de ferro e fibrocemento e con máis de 80 anos-. En declaracións aos medios, Caballero explicou que o goberno local xa renovou 330 quilómetros de abastecemento e máis de 400 de saneamento.
Por o 01/02/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
As obras do macroparque de Venezuela incluirán a renovación de tubaxes de ferro de máis de 80 anos

O alcalde deu conta esta mañá da renovación de tubaxes que se vai acometer na rúa Venezuela xa que coa obra do macroparque se atoparon canalizacións de ferro de máis de 80 anos. “Ningún goberno anterior, de ningunha cor política actuou”, aclarou, non se fixo nada ata que chegamos nós ao goberno. O proxecto de renovación do parque, cun orzamento de 710.000 euros, virá seguido da humanización da rúa, coa posta en marcha do carril bici.

En declaracións aos medios, Caballero lembrou o goberno local xa substituíu 330 km de canalizacións de saneamento e máis de 400 de saneamento, retirando tubaxes de 50, 75 e 80 anos de ferro e fibrocemento. Insistiu en que Vigo é a cidade que máis canalizacións renovou na última década e preguntou e que gastaban os cartos os seus predecesores, lembrando a débeda de 60 millóns que atopou cando chegou á Alcaldía.

IES Beade
Na Xunta de Goberno local celebrada hoxe xoves, deuse conta da tramitación do expediente de mellora da rede de saneamento do IES de Beade. Cun importe de case 80.000 euros e un prazo de execución dun mes, o obxectivo é eliminar a fosa séptica coa que se veñen tratando as augas fecais para o que se vai executar unha conexión por gravidade á rede de saneamento de augas residuais. Deste xeito, se eliminará a conexión de saneamento mediante fosa séptica e posterior bombeo á rede existentes no Camiño Outeiro, un sistema “enormemente deficiente” que causa problemas.

Esta obra súmase á reforma que do pavillón deportivo que veñen de acometer Concello e Deputación e á incorporación do IES ao programa municipal de decoración de medianeiras.

Jacinto Benavente
O rexedor tamén informou da aprobación do proxecto para a execución do control arqueolóxico previo aos traballos de renovación da rede se saneamento en Jacinto Benavante, cun importe de case 42.000 euros. O Concello está a realizar catas para poder acometer a mellora da rede en Jacinto Benavente, entre o cruce coa avenida Beiramar (gasolineira) e Juan Ramón Jiménez. No tramo inicial da rúa transcorre polo ámbito de protección do xacimento Picacho San Francisco e o resto, polo xacemento de Marqués de Valterra, unha zona de especial sensibilidade arqueolóxica.

PXOM
Por outra banda, o alcalde anunciou que xa está en proceso de contratación a elaboración do Plan Xeral, un trámite administrativo que o Concello axilizou ao máximo logo de que a Xunta atrasara a sinatura do convenio de confinanzamento un ano. Cun orzamento de licitación de 1.420.000 euros, o prazo para presentar ofertas remata o 20 de marzo.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "As obras do macroparque de Venezuela incluirán a renovación de tubaxes de ferro de máis de 80 anos"

  1. Gamela   01/02/2018 at 22:37

    Lástima que niguén faga nada para mover o carril bici a Beiramar que sería o lugar máis sensato para que os vigueses amaran a bicicleta sen ter que competir cos automóviles na zona menos amáble da cidade para moverse en bici !!!

    http://gamela00.blogspot.com.es/2015/07/el-mejor-carril-bici-el-que-no-existe.html

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.