As obras para levar o abastecemento a toda a rúa San Roque de Camos rematarán a vindeira semana

Publicado por o día 25/02/2019 na sección de Galicia,Nigrán

As obras para levar o abastecemento a toda a rúa San Roque de Camos rematarán a vindeira semana

O Concello de Nigrán rematará a vindeira semana as obras para ampliar a rede de abastecemento a toda a rúa San Roque de Camos mediante a conexión ao colector xeral da PO-332 (rúa dos Pazos). A actuación consiste na instalación dun tramo de 170 metros de tubaxe que una ambos puntos. Os traballos teñen un orzamento é de 37.166 € con cargo al Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A obra, xa moi avanzada, inclúe apertura de gabias, colocación de colectores, execución de dúas arquetas de conexión, instalación de tres válvulas de illamento, recheo e reposición de pavimento e instalación dun hidrante, o primeiro co que conta a parroquia e fundamental en caso de emerxencias. Unha vez rematada haberá que esperar a obter os permisos de Sanidade para poder iniciar o subministración de auga.

“A rúa queda completamente humanizada despois de que soterrásemos a telefonía, a rede eléctrica e agora o abastecemento”, sinala o alcalde, Juan González, quen subliña que o Concello investiu 145.000 € no soterrado dos cables de baixa tensión e recentemente outros 30.000 € en completar as beirarrúas. O goberno socialista de Efrén Juanes, sendo precisamente o actual rexedor concelleiro de Urbanismo, realizou o 90% da humanización da rúa San Roque (uns 2 km entre o Pazo da Touza e o Torreiro de Festas). A obra supuxo que se habilitasen beirarrúas, ampliásese a calzada e se instalase saneamento.