As Palilleir@s de Mos viaxan a Italia e Zaragoza

Estarán presentes en importantes mostras de encaixe
Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Galicia,Mos

As Palilleir@s de Mos viaxan a Italia e Zaragoza

Integrantes da Asociación de Palilleir@as de Mos marchan hoxe venres, 5 de outubro, a dúas viaxes simultáneas. Unha é a Novadrate, Italia, e outra a Zaragoza.

A Novadrate asistirán como convidadas a unha mostra na que se concentrarán representantes de 12 países a nivel mundial (Portugal, Polonia, India, Republica Checa…). As Palilleiras de Mos exporán nunha caseta instalada na XXX Mostra do Pizzo.

A mostra prolongarase dende hoxe 5 de outubro ata o 8 outubro e na mesma compartirase o encaixe dos diferentes países e demostracións en vivo dos diferentes encaixes. Tamén se aproveita para facer unha degustación gastronómica típica dos diferentes países.

A viaxe a Zaragoza faise para asistir ao XXV Encuentro de Encajeras de Palillos que alí se celebra no recinto da Expo. O encontro será o domingo 7 de outubro de mañá e aproveitarán para facer turismo visitando o Mosteiro de Pedra, Zaragoza cidade, etc. Esta segunda viaxe está organizada conxuntamente coa Asociación Arte e Filigrana de Vigo.