As panaderías apoian a lingua galega con motivo do Día das Letras Galegas

Publicado por o día 16/05/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

As panaderías apoian a lingua galega con motivo do Día das Letras Galegas

A concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, celebra o Día das Letras Galegas colaborando, un ano máis, coas panaderías de Ponteareas que repartirán arredor de oito mil bolsas de papel que por un lado homenaxean á profesora e escritora María Victoria Moreno xunto cunha cita e un poema da súa autoría e polo outro lado, destacan a figura do escritor e poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro reseñando un dos seus poemas.

Deste xeito as panaderías repartirán as bolsas que con motivo das Letras Galegas apoian a difusión da nosa lingua e dan a coñecer non só a figura desta ilustre poetisa se non tamén autores e creadores locais. 

“Entre os obxectivos desta acción está o dinaminzar a lingua e a literatura galega entre a cidadanía e contribuír para prestixiar a nosa lingua materna que tan boas obras agocha e que debemos por en valor”, explica Hortensia Bautista.