As patoloxías gastrointestinais pediátricas máis frecuentes analízanse nun curso no Hospital Clínico que reúne 150 pediatras

Por o 26/02/2018 | Sección: Sanidad
As patoloxías gastrointestinais pediátricas máis frecuentes analízanse nun curso no Hospital Clínico que reúne 150 pediatras

150 pediatras analizan hoxe as patoloxías gastrointestinais pediátricas máis prevalentes no III Curso de Casos Clínicos e Técnicas de Diagnóstico en Gastroenteroloxía Pediátrica que se está desenvolvendo ao longo da tarde no Hospital Clínico de Santiago.

Dirixido polos doutores Adolfo Bautista, xefe de servizo de cirurxía pediátrica da Xerencia de Santiago e Rosaura Leis, responsable da unidade de gastroenteroloxía pediátrica e nutrición da XXIS, a xornada inclúe a posta en común do diagnóstico e tratamento das doenzas gastrointestinais máis prevalentes (as patoloxíasgastroenterolóxicas ocupan o 30% dos total de consultas pediátricas) así como da necesidade da coordinación da asistencia integral atención primaria -especializada.
Os temas desta terceira edición abordan dende o neno que non medra; alerxias ás proteínas do leite de vaca (tratamento e adquisición de tolerancia); os mitos e realidades do gluten na dieta do neno; e que facer ante o cólico do lactante e o estrinximento.
No trascurso da xornada tamén se presentaron os datos da prevaleza dos trastornos gastrointestinais funcionais (TGIF) nos países mediterráneos recentemente publicados en revistas especializadas en cuxo estudo participou a unidade de gastroenteroloxía e nutrición pediátrica da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago que dirixe Rosaura Leis e que aportou ao estudo máis de 800 nenos da área compostelá.
Do informe conclúese que o 33% dos nenos entre 4-10 anos teñen algún tipo de trastorno gastrointestinal e o 27% dos de 11 a 18 anos. O TGIF máis frecuente entre os 4 e 10 anos son os trastornos de defecación, sobre todo o estrinximento e, na outra franxa, a dor abdominal. Tamén se extrae que son máis frecuentes en nenas e que non están relacionados con anomalías estruturais ou bioquímicas polo que para o seu diagnóstico séguense o criterios ROMA, criterios de consenso segundo síntomas clínicos.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.