As pavimentacións no casco urbano continúan mañá cos estacionamentos da rúa Castelao

Dado o seu mal estado, é necesario repavimentar estas zonas.
Publicado por o día 30/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

As pavimentacións no casco urbano continúan mañá cos estacionamentos da rúa Castelao

O Concello de Pontevedra continúa a vindeira semana cos traballos de pavimentación de distintas rúas e tramos urbanos no centro da cidade. Se nestes momentos acométese a pavimentación de García Camba e Oliva (no tramo de circulación), o luns comezará o asfaltado de Castelao.

É unha obra que terá unha duración prevista dun día e consistirá no fresado e asfaltado dos estacionamentos da rúa que se atopan moi deteriorados. Será preciso pechar a rúa ao tráfico pola mañá e pola tarde, de 09.00 a 13.30 horas, e de 15.00 a 19.30 horas, aproximadamente; sempre deixando acceso aos servizos da rúa (urxencias do hospital Quirón-Domínguez e aos garaxes).

Ademais, nestes días o Concello está a rematar os traballos de pavimentación das rúas García Camba e Oliva, unha obra de maior complexidade xa que a zona de estacionamentos de García Camba estase a facer en formigón, para alongar a súa vida útil, e a mellorar o paso peonil entre García Camba e Daniel de la Sota.

Nos vindeiros días tamén se realizarán pavimentacións noutros tramos urbanos de rúas como Raíña Vitoria e en Eduardo Pondal.