As persoas sen recursos te√Īen garantida a auga

Aqualia no corta a subministración aos fogares con problemas económicos
Publicado por o d√≠a 31/05/2016 na sección de Vigo

A empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo, Aqualia chegou recentemente a un acordo co Concello de Vigo para axudar ás familias sen recursos a pagar a auga. Unha iniciativa que conta cun orzamento de 30.000 euros para 2016.

Actualmente Aqualia está a traballar conxuntamente cos Servizos Sociais do Concello para establecer o protocolo que deben seguir as familias para acceder a esta axuda co obxectivo de simplificar os trámites e axilizar a concesión das axudas.

Plan de pago adaptado sen intereses nin penalizacións

Este acordo de colaboraci√≥n s√ļmase ao sistema de pago do recibo da auga aprazado que a¬†empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo, Aqualia realiza desde o ano¬†2008 para evitar cortes de auga en casos de familias sen recursos. Tr√°tase dunha iniciativa¬†posta en marcha por Aqualia co obxectivo de garantir o acceso a un ben b√°sico de todos os¬†cidad√°ns.

Aqualia está en coordinación permanente cos Servizos Sociais do Concello e outras entidades da cidade para garantir que ningunha familia sen recursos quede sen auga. A empresa concesionaria trata de forma personalizada cada caso e establece un aprazamento de pagos adaptado a cada usuario sen intereses nin penalizacións.

As persoas que queiran acollerse ao plan de pago adaptado de Aqualia deben xestionar a¬†s√ļa situaci√≥n directamente coa compa√Ī√≠a para formalizar o aprazamento e garantir desta¬†maneira a subministraci√≥n de auga. O ano pasado acoll√©ronse a esta medida m√°is de 100¬†usuarios.