As piscinas municipais e complexos deportivos reabrirán a vindeira semana

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este mércores en rolda de prensa telemática e presencial que tanto as piscinas municipais como os complexos deportivos da cidade reabrirán ao longo da vindeira semana con todas as medidas marcadas na normativa sanitaria da Fase 3 de desescalada da pandemia.
Publicado por o día 03/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

As piscinas municipais e complexos deportivos reabrirán a vindeira semana

O Concello de Vigo ten previsto reabrir a vindeira semana seus complexos deportivos, tanto piscinas como pavillóns municipais con todos os protocolos de seguridade que marcará o Ministerio de Sanidade na seguinte fase de desescadala da pandemia do Covid-19.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, na rolda de prensa telemática e presencial celebrada no salón de plenos, a reapertura das instalacións deportivas levarase a cabo con todas as medidas fixadas na Fase 3.

Ao longo da semana próxima funcionarían de novo as piscinas municipais do Carme, Teis, Valadares e Lavadores, así como os complexos deportivos de As Travesas, Navia e Teis (xa están abertas as pistas de atletismo de Balaídos e as de Samil).

Comentar noticia

Your email address will not be published.