As prazas do ProTour FETRI Pontevedra 2019 decídense a próxima fin de semana

Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

As prazas do ProTour FETRI Pontevedra 2019 decídense a próxima fin de semana

As prazas restantes para o ProTour FETRI Pontevedra que se disputará os próximos días 12 e 13 de outubro coa mellor lista de participación da elite do tríatlon español da historia completaranse os días 28 e 29 de setembro na Coruña. O Campionato de España de Tríatlon distancia olímpica outorgará máis dunha quincena de dorsais para o ProTour que se sumarán a triatletas que conseguiron clasificación o pasado mes de xuño, e aos internacionais Anna Godoy, Sara Pérez Sala y Carolina Routier, Mario Mola, Javier Gómez Noya, Fernando Alarza e Antonio Serrat, compoñentes xa seguros do Gold Group da proba xunto a Tamara Gómez e Alberto González, campións nacionais en distánciaa sprint.

O campionato nacional de distancia olímpica na Coruña premiará á primeira e o primeiro clasificado cun dos dorsais principais en Pontevedra, xunto aos campións Sprint e a representación de internacionais. Terán máis contacto co público e afeccionados participando en actos aos que se sumarán tamén os catro invitados, dúas mulleres e dous homes, pola Dirección Técnica de FETRI e o Concello de Pontevedra como sede.

Teñen praza tamén para ProTour FETRI 2019 pola clasificación do campionato de España Sprint en Roquetas de Mar: Xisca Tous, María Rico, Noelia Juan, Sara Guerrero, Claudia Pérez, Paula Herrero, Ana Mariblanca, Marta Pintanel, Raquel Aróstegui, Paula García Godino, Sofia Aguayo, Sonia Ruiz, Ana María Santiso y Edymar Brea, Jordi García, David Castro, Romaric Forqués, Ignacio González, Genís Grau, Andrés Cendán, Iván Gil, Carlos Oliver, Héctor Arévalo, Alberto Castiñeira, Camilo Puertas, Antonio Benito, Guillem Montiel e Albert Parreño.

ProTour FETRI Pontevedra 2019 disputarase en dúas explosivas xornadas de competición moi atractivas para o público. O sábado 12 de outubro celebrarase unha competición eliminatoria que iniciarán 40 deportistas e só terminarán 15 en cada categoría, masculina e feminina, con eliminación de cinco triatletas ao final de cada segmento en dous tríatlons SuperSprint consecutivos. O domingo 13 de outubro disputaranse dúas semifinais en cada categoría, e unha final cos dez mellores clasificados nas probas anteriores. O evento será emitido en directo por LaLigaSports.