As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o Álvaro Cunqueiro

A Comisión de Centro desenvolveu unha concentración na entrada de consultas externas
Por o 14/07/2017 | Sección: Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o Álvaro Cunqueiro

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o hospital Álvaro Cunqueiro, despois das que tiveron lugar recentemente no Meixoeiro. A Comisión de Centro do Chuvi, promotora da protesta, denuncia que ás camas que se pechan no período estival hai que sumar as que permanecen inhabilitadas no Meixoeiro ao longo de todo o ano.

Ao mesmo tempo, entenden que se debera aproveitar que o verán “soporta menos presión de determinadas patoloxías” para incrementar o número de cirurxías, co obxectivo de reducir as listas de espera. “No canto de facelo, á Consellería de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á sanidade privada”.

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.