As ramplas da Gran Vía contarán con 162 novas árbores e amplas zonas verdes

O tramo da Gran Vía que vai desde María Berdiales ata Venezuela contará con 162 novas árbores ademais de amplas zonas verdes. Así o anunciou esta mañá o rexedor antes de visitar as obras das ramplas, cun orzamento de 5,2 millóns confinanciados con fondos FEDER.
Publicado por o día 26/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

As ramplas da Gran Vía contarán con 162 novas árbores e amplas zonas verdes

O alcalde visitou esta mañá as obras de rehabilitación e transformación do entorno urbano da Gran Vía, acompañado polo concelleiro de Fomento, Javier Pardo, entro outros edís. A remodelación, explicou, inclúe 200 metros lineais de ramplas cubertas, zonas verdes, espazos artísticos e novas prazas públicas para goce cidadán. O orzamento deste tramo de obra que vai desde María Berdiales ata Venezuela alcanza os 5,2 millóns, cofinanciados con fondos FEDER da UE dentro do proxecto de Vigo Vertical.

Segundo o cronograma que detallou o rexedor, na primeira quincena de setembro procederase á apertura dun carril de subida e dous carrís de baixada, garantindo sempre a seguridade viaria. A finais do mes que vén, restablecerase o tráfico definitivo, coa liberación de todos os carrís de circulación. A principios de outubro, comezará a instalación da rede de rego e desde finais dese mes ata a segunda quincena de novembro, acometerase a plantación de especies vexetais, arbustos e árbores.

Ademais dunha importante nova zona verde, o alcalde avanzou a plantación de 162 árbores e arbustos, que substituirán aos 24 árbores que foron retirados entre as rúas María Berdiales e Venezuela.

Datos técnicos

A actuación abarcou 5.000 m2 de aglomerado; 3.000 m2 de superficie de beirarrúas; 300 m2 de ramplas; 850 m2 de zonas verdes. Renováronse canalizacións, iluminación e instalouse pavimento que absorbe o CO2.

Na súa intervención, Caballero avanzou que xa deu a orde de comezar cos proxectos dos tramos superiores, dada a imposibilidade de acometer o que vai desde Urzáiz a María Berdiales pola oposición da Xunta de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.