As renovadas Novas Xeracións de Mos celebran as súas primeiras xornadas de convivencia arroupadas pola alcaldesa e o presidente do Comité Local

Nidia Arévalo, Camilo Augusto e Leopoldo Costas, anterior presidente de Novas, acompañarán aos populares mosenses máis novos durante a acampada que realizarán esta fin de semana en Portonovo
Por o 09/08/2017 | Sección: Galicia,Mos,Partido Popular,Política
As renovadas Novas Xeracións de Mos celebran as súas primeiras xornadas de convivencia arroupadas pola alcaldesa e o presidente do Comité Local

Tras a celebración do seu exitoso congreso o pasado 29 de xullo, as Novas Xeracións do Partido Popular de Mos realizarán esta fin de semana unha convivencia de dous días. Tratarase dunha acampada en Portonovo á que asistirán tódolos novos membros da Xunta Directiva das Novas Xeracións mosenses, encabezados pola súa presidenta, Lucía Blanco Campo, xunto co vicepresidente, Luis Álvarez Loureiro, e o secretario, Kevin Augusto.

Os membros de Novas Xeracións estarán acompañados nestas xornadas de convivencia polo anterior presidente de Novas e actual tesoureiro do Comité Local do partido, Leopoldo Costas Alonso, polo presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, e pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.

Durante estes días os participantes na acampada realizarán diversas actividades programadas fundamentalmente perseguindo o obxectivo da convivencia e iniciando o traballo de planificación de accións de cara a poñer en marcha ao cen por cen en setembro a acción xuvenil de Novas Xeracións.

Excursión

Por outra banda dende o Comité Local do Partido Popular infórmase de que o domingo 3 de setembro realizarase unha excursión á Ribeira Sacra que está aberta a tódolos interesados en participar. Sairase ás 08.10 horas da mañá e regresarase ás 19.30 horas. O viaxe incluirá xantar e visitas a Ourense, Monforte, percorrido en catamarán polos Cañóns do Sil e visita ao Museo do Ferrocarril. O prezo por persoa é de 32 euros e a data límite de inscrición será o día 30 de agosto.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.