As TCAE do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo seguen cos peches contra a obriga de transportar a roupa sucia

Pasaron a noite no vestíbulo do centro e pola mañá recibiron a solidariedade do persoal de limpeza
Por o 16/05/2018 | Sección: Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
As TCAE do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo seguen cos peches contra a obriga de transportar a roupa sucia

As Técnicas/os en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo continúan cos peches de 24 horas no interior do centro sanitario para rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI de impoñerlles a obriga de transportar as bolsas de roupa sucia dende as portas dos cuartos até os puntos de recollida, función que até o de agora asumía a empresa concesionaria do servizo de limpeza.

Un grupo de traballadoras/es pasaron de novo a noite no vestíbulo do centro sanitario para esixirlle á Xerencia que dea marcha atrás nunha decisión que está a provocar un empeoramento da calidade asistencia, xa que está nova función réstalles tempo de atención aos pacientes.

E iso a pesar de que o xerente volveu solicitar a presenza da Policía española, que nesta ocasión lles comunicou que tiñan que retirar a tenda de campaña instalada na entrada do hospital e os carteis alusivos a ao conflito laboral. As afectadas/os optaron por retirar unicamente a tenda de campaña.

Xa pola mañá, unha vez rematado o peche, as traballadoras/es recibiron a solidariedade das compañeiras/os do servizo de limpeza. Tamén celebraron unha asemblea na que se decidiu convocar un novo peche de 24 horas para o vindeiro xoves 24, ao tempo que se acordou facer un chamamento a todas as categorías laborais para que participen nunha concentración ese mesmo día ás 12:00 horas na entrada principal do hospital para rexeitar “un modelo de xestión que comezou reclasificando a lavandeiras/os, pinches e cociñeiras/os, seguiu cos celadores/as, agora tócalle ás TCAE, e non sabemos que colectivo profesional pode ser o próximo afectado”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.