As traballadoras e traballadores dos PAC denuncian as presións as que están sendo sometidas co aumento de xornadas impostas, con posibilidade de sanción, durante o periodo de folga

Por o 08/11/2018 | Sección: Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
As traballadoras e traballadores dos PAC denuncian as presións as que están sendo sometidas co aumento de xornadas impostas, con posibilidade de sanción, durante o periodo de folga

As traballadoras/es dos PAC, mediante o Comité de Folga, denuncian a actitude da Xerencia de Vigo e do Goberno da Xunta que ameazan co aumento imposto da xornada ao persoal médico e non escoitan as propostas das profesionais.

O día 6 de novembro no marco dunha reunión das traballadoras dos PAC coa Xerencia na que, tras informar da nula eficacia das medidas tomadas pola propia Xerencia comunicouse as traballadoras do inminente aumento de xornada e cambios de calendarios. Malia as propostas realizadas polas traballadoras, apoiado pola maioría do colectivo, a Xerencia non contempla as medidas propostas como posible solución aos problemas de persoal.

Entre as medidas propostas polas traballadoras están a solución do conflito dos PAC, contratos dignos para as MIR de Familia que rematan os próximos anos, un plan de continxencia con gardas localizadas e pagadas para imprevistos e oferta de voluntariedade incentivada e por tramos. Así mesmo esixen que a administración tome medidas reais para solucionar unha escaseza de persoal promovido por eles mesmos con medidas como os contratos lixo, a precariedade laboral ou a taxa de reposición do 10% que expulsou aos profesionais a sanidade privada ou a emigración.

Paralelamente no Parlamento o PP, mediante o seu voceiro de sanidade Núñez Centeno, deron a coñecer as medidas que pretenden aplicar como son o peche de PAC´s e os chamamentos 24h antes a golpe de burofax con aviso de expediente en caso de rexeite de contrato.

Así mesmo afirman no Parlamento a solución en determinados puntos das reivindicacións, como a roupa axeitada de traballo, os EPI ou o cobro de dietas, que en ningún momento se falaron na comisión técnica e tampouco co Comité de Folga, e que a dia de hoxe non se evidenciou en ningún PAC de Galiza.

A estas medidas IMPOSTAS, a coacción e as ameazas é ao que chaman a Xerencia, o SERGAS e a Xunta “diálogo”. A día de hoxe o SERGAS non deu ningún paso para sentarse co Comité de Folga para desbloquear unha situación que ademais vai empeorando con estas medidas que vai a obrigar ao persoal a tomar medidas mais contundentes.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.