As tres Centrais Sindicais compartimos a necesidade de afrontar definitivamente a situación actual que estamos padecendo na Liña de Produción de M2

Por o 21/02/2019 | Sección: CC.OO,CIG,Galicia,Sindicatos,UGT,Vigo
As tres Centrais Sindicais compartimos a necesidade de afrontar definitivamente a situación actual que estamos padecendo na Liña de Produción de M2

Si co traballo feito ata agora por parte da Representación Sindical logramos que se visualizaran os problemas… para nos, esta situación que arrastramos dende o lanzamento do K-9 por esta Liña, ten que ter unha solución inmediata.

A estas alturas pouco ou nada podemos escribir do que xa está dito e falado nos diferentes foros perante a Dirección. Pero ao que non estamos dispostos é a continuar con esta FALLA DE COMPROMISOS E DE RECONSIDERACIÓNS por parte da Dirección de Montaxe.

Dende hai unhas semanas conseguimos que o Responsable de Fabricación da M-2 nos acompañara a cada unha das UEP ́s da cadea para “in situ” comprobar a realidade dos diversos problemas e dificultades que se padece coche a coche.

Nos consta que a Xerarquía de Montaxe os coñece…. porque é o seu deber. Pero si pensaban que escondéndoos ían desaparecer…SE EQUIVOCABAN. O que están a facer é EMPEORÁNDOOS AÍNDA MÁIS.

De aí a necesidade de recoñecelos e afrontalos… a mala configuración dos repartos, o non respecto da composición, a falla de delimitación dos postos, a degradación dos medios e útiles industriais, o escaso tempo nas operacións, …así como o mal uso que se lle está a dar aos 11 minutos de Andon e a recuperación de traballos externalizados.

A situación en Montaxe nos últimos tempos é grave, pero o que está a suceder na M2 non ten precedentes. Nesta ocasión, as duras condicións de traballo que se esixe e a falla de comunicación e información por parte da Xerarquía converténdonos aos/as traballadores/as como parte do problema, fai que, dunha vez por todas, os/as que teñen a Responsabilidade do que está a suceder ASUMAN A SÚA INEFICACIA e se impliquen aportando os medios materiais e económicos precisos para que cada UEP resolva as queixas e dificultades que demandamos os/as traballadores/as.

É o momento de poñer enriba da mesa solucións e compromisos. Para as tres Centrais Sindicais que subscribimos este escrito o Dialogo Social pasa por dispor, no reparto do mes de Marzo, unha M2 con postos realizables e unhas condicións de traballo óptimas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.