As últimas análises realizadas na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento no Contrasto sinalan que é apata para o consumo

Por o 30/01/2019 | Sección: Galicia,O Porriño
As últimas análises realizadas na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento no Contrasto sinalan que é apata para o consumo

As últimas análises realizadas na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento no Contrasto sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo e pode empezar o ‘enganche’ á mesma de 83 vivendas

As últimas análise realizadas por el Consorcio de Augas do Louro na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento rematada hai unhas semanas no Contrasto, sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo.

Estas analíticas- realizadas entre os días 8 e 21 de xaneiro- eran necesarias para que os máis de 300 veciñas e veciños que viven neste barrio, no que apareceran refugallos de lindano, puidesen conectar as súas vivendas á Rede Municipal de Abastecemento.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, lembra que o Concello “asumiu, na súa totalidade e sen achega algunha da Xunta”, a extensión da Rede Municipal de Abastecemento a este barrio de Torneiros. Así mesmo, con cargo ao orzamento municipal, fixéronse acometidas a 83 casas.

O vindeiro luns, día 4 de febreiro, ás 8 da tarde, no local social da Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros, a alcaldesa manterá unha xuntanza coas veciñas e veciños do Contrasto e Pereira para explicarlles polo miúdo os pasos a dar para enganchar as súas vivendas á Rede Municipal de Abastecemento. Eva García de la Torre indica que “en tanto non se completen os enganches, o Concello seguirá garantindo o subministro de auga para beber, cociñar e para aseo a todas as persoas que viven neste barrio, como fixemos ata agora”.

Agardando pola Xunta

A alcaldesa, logo de que o Concello do Porriño cumprise co compromiso que ela, persoalmente, adquirira cos veciños do Contrasto, “seguindo sempre as indicacións dos responsábeis de Sanidade e de Medio Ambiente da Administración Autonómica”, agarda que, “por fin”, a Xunta de Galicia asuma as súas obrigas.
García de la Torre salienta que as competencias en materia de medio ambiente, de xestión de residuos e en materia de salubridade “é exclusiva da Xunta”. Neste senso “o Goberno de Galicia ten que afrontar o problema da existencia de lindano soterrado en varios lugares do Porriño” e, insiste, “debe facelo cun plan que estea cuantificado e orzamentado e que teña coma obxectivo sinalar, en primeiro lugar, os barrios e parroquias que poden estar afectadas e, en base a elo, poñer en marcha unha resposta efectiva para acabar coa contaminación e acabar co risco para a saúde dos porriñeses”.

Máis dun ano sen novas
A alcaldesa subliña que xa pasou preto dun ano e medio dende que a Xunta comprometérase a ter un proxecto de descontaminación para O Contrasto, “estaba previsto telo en 2017, logo para Semana Santa, despois para o verán e xa estamos en 2019 e non temos novas do Goberno de Galicia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.