As visitas á oficina de turismo continúan con datos positivos a pesar das limitacións e controis derivados da Covid-19

En tan só quince días do mes de xullo, máis de mil novecentas persoas visitaron a oficina da praza do Corgo.
Publicado por o día 03/08/2020 na sección de Galicia,O Grove

As visitas á oficina de turismo continúan con datos positivos a pesar das limitacións e controis derivados da Covid-19

As limitacións derivadas da pandemia da Covid-19 teñen complicado especialmente o traballo da oficina de turismo do Grove, unha das máis visitadas de Galicia. A limitación de capacidade en función do espazo establece que só pode acceder unha persoa de cada vez, alén de se esixir o emprego de máscara e o uso de xel hidroalcólico. Isto supón que as persoas que se achegan á oficina teñen que gardar fila no seu exterior, polo que o servizo non resulta tan áxil como en anos anteriores.

Malia esa limitación, e que o persoal da oficina non se puido incorporar ata o 15 de xullo polo parón administrativo do estado de alarma, os datos resultan bastante positivos, pois acadaron, nestes quince días, 1.959 visitas. Como podemos ver na evolución de datos, case se igualarían aos datos do pasado ano, cando a oficina funcionou durante todo o mes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.