Asamblea de Recortes Cero

Por o 10/07/2015 | Sección: Política,Recortes Cero
Asamblea de Recortes Cero
Compartir en:

Os resultados das eleccións do 24 de maio abren unha nova situación moito máis favorable para defender os intereses da xente.
O PP quedouse sen maiorías absolutas e vai perder o goberno de moitas comunidades e concellos. perderon 2 millóns e medio de votos. Pero  o PSOE non só non recolleu nin un voto do PP, senón que seguiu perdendo case 700 mil. A xente votamos contra o saqueo e a corrupción do bipartidismo, contra o PP, pero tamén contra o PSOE.

Está claro estas eleccións xerais van ser moi importantes, a xente deixou clara a súa vontade de cambio. Por iso pensamos que é fundamental que traballemos nelas porque o programa de Recortes Cero colla cada vez máis forza e que esixamos unha política de Redistribución da Riqueza. España é un dos países máis ricos do mundo e temos moitos recursos para subir salarios e pensións e activar a economía creando emprego porque non basta con salvar aos que están no límite da pobreza, o que temos que impedir é que os grandes capitais sigan saqueando os soldos e rendas da maioría, do 90%.

A Asemblea durará dúas horas e media e imos tratar tres puntos:
1º Que camiño tomar para as eleccións xerais (este é o punto máis importante)
2º A proposta de participación de Recortes Cero en concreto para as eleccións autonómicas catalás.
3º Propostas prácticas de participación en loitas e movilizaciones contra os recortes e actividades da Asemblea.

A Asemblea durará dúas horas e media e será o venres, 10 de Xullo, ás 19.30 no Hotel Celta, (C/ Mexico, 22)
PRENSA RECORTES CERO