Asamblea informativa en Cabral

Publicado por o día 30/09/2014 na sección de Vigo

Asamblea informativa en Cabral
Hoxe martes 30 de Septembro, as 8.30pm, no adro da Igrexa de Cabral, haberá unha sesión informativa para poñer en común as nada cívicas nin ecolóxicas prácticas da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral, por exemplo en referencia ó agachado de escombros bailo terra, atentando contra o Monte de Cabral e outros perxuizos causados en distintos puntos na beira do Río Lagares, que se practican sen importarlle o monte máis que para véndelo e así tirar boa rendabilidade del.
Esta asemblea convócase despoís do proceso de investigación de moitos veciños que conseguiron tomar fotografías destes danos contra o monte e o río por parte duna Xunta Reitora que esconde o lixo baixo terra, destrúe e respecta ben pouco o patrimonio, e ten unha actitud atávica e propia dunha Galicia avergoñante que as novas xeracións ven con indignación.
 A semana pasada hubo un acto moi concurrido no que Esquerda Unida informou doutra actuación horrenda que Eurofund pretende en Valencia (Paterna). Os medios de comunicación vigueses como Atlántico e Faro de Vigo seguen a encubrir e non informar dos actos presuntamente delictivos desta Xunta Reitora que están en mans dos tribunáis nun proceso xurídico tristemente pagado co diñeiro dos propios veciños de Cabral.
PRENSA ALFONSO ALVAREZ