Asamblea nacional das Marchas da Dignidade o 26 de Abril

Publicado por o día 25/04/2014 na sección de Vigo

Asamblea nacional das Marchas da Dignidade o 26 de Abril

O Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical Informa aos medios de Comunicación do acto que terá lugar o vindeiro sábado 26 de abril na Casa Común de Oza, en Teo.

O 11 e 12 de Abril a Comisión de Coordinación Estatal das Marchas pola Dignidade_ 22M, nunha xuntanza en Barcelona, fixo balance, a nivel estatal das Marchas. Unha representación da Galiza, mandatada pola Plataforma Galega, asistiu a esa xuntanza levando o análisis previo que se fixera, a nivel galego, o día 8 de Abril na Gentalha do Pichel, en Compostela.

A Análise foi concordante, a todos os nivéis, valorandose moi positivamente a participación, e a presenza, do Pobo Galego en Madrid, nas marchas do 22M, con un plantexamento UNANIME de cara a darlle continuidade ao movemento creado.
Agora, na Galiza, toca subir un chanzo máis na procura de consolidar esta análise en propostas concretas plantexandolle un debate aberto a cidadanía galega no que de xeito democrático, transversal, plural e asembleario, entre todas e todos, decidamos os seguintes pasos a dar nun camiño que non fixo máis que comenzar o 22 de marzo e que segue a ter como obxectivos finalistas: Pan, traballo e teito para todas e todos, o rexeitamento do pago dunha débeda que non xeneramos nós, o dereito a decidir dos pobos e das nacións sen estado, un novo proceso constituínte que derrube a monarquía e acabe cun réxime imposto polo fascismo e, en fin, a consecución e implantación da igualdade e a xustiza social.

A Asemblea Nacional aberta convocada para o vindeiro sábado, 26 de abril, en Teo na que está previsto participen unha trintena de colectivos, sindicais, dos movementos sociais e asociativos, e partidos políticos, terán que darlle forma a propostas concretas de cara a descentralizar o movemento creado, a enraízalo nas comarcas de cara a consolidalo dende aquí a nivel nacional.

PRENSA SF INTERSINDICAL