Asamblea veciñal na Salgueira contra a baixa calidade da auga da traída

Publicado por o día 21/04/2018 na sección de Galicia,Vigo

Asamblea veciñal na Salgueira contra a baixa calidade da auga da traída

“É unha vergonza en un despropósito que Vigo teña unha planta depuradora de última xeneración e sin embargo manteña unha estación POTABILIZADORA vella, sin capacidade para o abastecimento a cidadanía de Vigo en caso de sequias como as de o pasado verán”.

A Potabilizadora ten que servir para coidar con o tratamento axeitado a auga que bebemos. Ademais de estar obsoleta, non ten capacidade para potabilizar a auga necesaria para a poboación actual.

Ningunha grande cidade das características de Vigo ten unha estación potabilizadora en tan mal estado que non filtra adecuadamente os compoñentes nocivos para a saude pública. Estamos a falar da auga que bebemos.

Na asamblea que tivo lugar na AV da Salgueira, os técnicos, o personal encargado da análise da auga informaron que a auga e apta para o consumo pero ten moito ferro, aluminio e outros compoñentes peligrosos para a saúde, en niveles moi altos, en algúns casos xa extremos.As probas para medir a calidade da auga fanse en distintos tramos, e lugares antes da entrada as tuberías das vivenda, polo que pódese saber que a potabilización están sendo verdadeiramente mala o deficiente para unha cidade grande como Vigo.

Na asamblea houbo veciños que se queixaron do estado da canalización da auga da traída, polas roturas das tuberías vellas e as reparacións consistentes en parcheos sen promover unha renovación xa da rede de tuberías subterráneas de abastecemento.

A Federación veciñal Eduardo Chao, exise ao Concello que atenda as demandas da cidadanía e que poña en marcha unha potabilizadora moderna que garantice a auga de boa calidade para o consumo humano, e asegure que non haberá peligro por falta de suministro nos meses de sequía que poñen a poboación contra a espada e a parede cando non choiva. O pasado verán houbo agravamento por falta de suministros de auga aos fogares.

Vigo ten que estar preparada para episodios sen choivas, e os veciños e veciñas de Vigo, temos dereito a auga de boa calidade e debidamente tratada.
Auga de boa calidade quere decir sen ferros nin aluminio, e ben dentro dos índices previstos polas normativas de saúde pública vixente nacionales e europeas.

Estamos a beber auga indebidamente tratada, en algún tramos detectáronse ausencias de cloro ” a auga sen este tratamento no é auga apta para beber”.

Os técnicos de tratamento de augas da xunta informaron que as medicións se fan con o rigor profesional estipulado polas normativas de calidade da auga vixentes cos protocolos de actuación que corresponde e tamen facendo os muestreos e repeticións dacordo coa lexislación vixentee os resultados son sempre os memos ” BAIXA CALIDADE DA AUGA o MOI BAIXA CALIDADE DA AUGA de suministro aos fogares en Vigo. En moitas destas medicións, preséntanse altos niveis de plomo, ferro e aluminio xa no límite para deixar de ser potable a auga.

Nesta asamblea producíronse moitas preguntas sobre a salubridade da auga e as canalizacións da rede subterránea.

Veciños/as tamén se queixaron da das facturas da auga, do despilfarro dos 30 metros cúbicos de mínimo para os tramos de consumo mais baixos ( consúmensee 8 o 13 metros cúbicos pero páganse 30 de mínimo. Isto é pagar moito demais nunha facturación desproporcionada e mesmo tempo despilfarrar a auga, e non fomentar a cultura do aforro da auga. Xa ningunha cidade ten uns tramos de tarificación tan altos, respecto aos consumos reales, xa está ben de pagar 30 metr cúbicos e consumir 10.
Vigo ten que adecuar as facturas ao consumo real.
Ten que renovar as tuberías subterráneas e sanear a rede de canalización da auga.
O concello ten que garantir auga de boa calidade para os habitantes de Vigo, e para eso e necesario renovar urxentemente a estación potabilizadora.

A Federación veciñal Eduardo Chao continua coa campaña de recoller as facturas da auga para adherir a demanda que está a presentar nos xulgado contra Aqualia e o Concello de Vigo, por non aplicar a facturación polo consumo real.
A demanda da Federación veciñal está a ser presentada en tódalas parroquias.

A Federación veciñal insite en coñecer os datos da auga do concello de Vigo, ” din que auga ten calidade que marca a ley” pero non mostra datos técnicos que o corroboren.
Non confiamos nas palabras quremos os informes técnicos que o corroboren. Pero no estado que está a depuradora non pode haber auga de calidade.
De pouco sirve facer obras nas ruas e poñer aceras e flores, si a cidade ten obsoletas as canalizacións da auga, vellas, e con materiais xa fora da normativa de saúde pública e a estación potabilizadora sin renovar.

A asamblea da Salgueira para informar aos veciños/as das problemáticas da auga na cidade, estuvo moi nutrida de xente e numerosas intervencións, escomenzou as 8 da tarde e finalizou as 21,30 da noite. A afluencia foron sobre un centenar de veciños/as no salón de actos da Asociación veciñal da Salgueira