ASANOG será a beneficiaria dos fondos recadados por Trasnos do Salnés na Gala Benéfica que terá lugar o 27 de xaneiro

Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

ASANOG será a beneficiaria dos fondos recadados por Trasnos do Salnés na Gala Benéfica que terá lugar o 27 de xaneiro

O Concello de Ribadumia informa que como ven sendo tradición ano tras ano, a Asociación Cultural Trasnos do Salnés organiza a súa Gala Benéfica, a cal cada ano se dedica a un fin diferente, sendo este ano a favor de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

Nesta edición contarán con Pedro Brandariz e Víctor Grande como mestres de cerimonia, para conducir unha gala na que se poderá disfrutar de exhibicións de baile do Club de Baile Btroula, e coa actuación do grupo de teatro Aturuxo.

Unha oportunidade para ser solidarios ó tempo que disfrutar de humor, baile e teatro.

As entradas están a venda no Bar O Santiaguiño ou o mesmo día no auditorio de Ribadumia e a gala dará comezo as 18 horas o domingo 27 de xaneiro e está dirixida a público familiar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.