Asemblea veciñal de Guixar decide realizar concentracións diarias

Desde hai meses a veciñanza do entorno da avenida de Guixar e da rúa Julian Estevez, padecen o paso diario de centos de camións de gran tonelaxe, ruídos, po, problemas de tráfico, etc.
Por o 13/09/2017 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Protestas,Social,Vigo
Asemblea veciñal de Guixar decide realizar concentracións diarias

A asemblea veciñal celebrada na tarde de onte, na avenida de Guixar, diante das instalacións dunha empresa de transporte, para tratar os problemas xerados polo almacenamento de contedores, acordou realizar concentracións diarias (mañá e tarde).

A Asociación de Veciños de Teis informou que segundo a Concellaría de Urbanismo, notificouselle a empresa, unha resolución sobre unha comunicación previa de inicio actividade, onde se ordenaría o cese cuatelar de actividade, ao non poder autorizar dita actividade nesta parcela.

Desde hai meses a veciñanza do entorno da avenida de Guixar e da rúa Julian Estevez, padecen o paso diario de centos de camións de gran tonelaxe, ruídos, po, problemas de tráfico, etc.

Esta situación estaría denunciada desde hai meses tanto por parte desta asociación como da veciñanza diante do Concello de Vigo – afirman ambas partes.

A paciencia da veciñanza acabaríase cando o pasado luns a empresa de transporte, comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo cerca das vivendas da 1º Travesía de Guixar. A veciñanza, acordou concentrarrse durante varias xornadas diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade.

Por último, a asemblea acordou realizar unha asemblea veciñal o martes 19 de setembro ás 20:00 horas na avenida de Guixar, para analizar a situación desta problemática mentras continuarán con concentracións diarias puntuais.

Rubens Rocha
Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.