Asfaltado de todo o trazado soterrada da liña de alta tensión de Monte Porreiro

Comezan o luns pola rúa Portugal e continúan mércores e xoves por Os Campos e a Pomba, seguidamente
Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Asfaltado de todo o trazado soterrada da liña de alta tensión de Monte Porreiro

As obras de soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro chegan ao seu fin. Neste momento a compañía Fenosa está a rematar os traballos de retirada da liña de alta e a vindeira semana comezará os asfaltados definitivos de todo o trazado.

O luns, 14 de xaneiro, está previsto o fresado e asfaltado da zona de estacionamento da rúa Portugal, polo que este día estará garantido o tráfico de vehículos nos dous sentidos. O martes, 15 de xaneiro, acométese o asfaltado da rúa Portugal (fronte a UNED), polo que será preciso inverter o sentido da rúa Francia, no tramo dos Campos-Italia, para dar acceso ao barrio.

O mércores, 16 de xaneiro, as obras chegan á rúa dos Campos. A regulación de tráfico quedará con pasos alternativos, pero a recomendación do Concello é que os condutores eviten esta ruta na medida do posible para evitar incomodidades.

O xoves, 17 de xaneiro, asfáltase a rúa da Pomba. Péchase o carril dende a avenida de Lugo até Santa Margarida, e permitirase ao xiro a esquerda dende Santa Margarida cara Monte Porreiro. Ao igual que no día anterior, recoméndase aos condutores que este día eviten esta ruta.

O venres, 18 de xaneiro, se ven non está previsto realizar obra, dentro do plan de traballos déixase para os remates de todo o asfaltado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.