Así avanza a carreira pola vacina contra o coronavirus

Actualmente existen máis de 100 proxectos iniciados e unha decena de ensaios clínicos.
Publicado por o día 13/05/2020 na sección de Coronavirus

Así avanza a carreira pola vacina contra o coronavirus

Con máis de 100 proxectos iniciados e unha decena de ensaios clínicos, o mundo espera poder contar dentro duns meses cunha vacina eficaz contra a COVD-19, unha enfermidade que desencadeou unha investigación masiva nun tempo récord.

Estes son os últimos datos e desafíos relacionados coa fabricación de vacinas contra o coronavirus SARS- Cov-2, causante da pandemia de Covid-19 que provocou a morte de case 300.000 persoas.

UN IMPERATIVO GLOBAL

“O desenvolvemento rápido dunha vacina para previr a COVID-19 é un imperativo global”, Como outros especialistas, o estadounidense Barney S. Graham, do Centro de Investigación de Vacinas (Institutos Nacionais de Saúde de Estados Unidos, NIH) considera crucial a batalla das vacinas na guerra que libra o planeta contra a Covid-19.

Responsables internacionais como o secretario xeral da ONU, Antonio Guterres, tamén se mostraron convencidos diso: unha vacina segura e eficaz sería “a única ferramenta que permitiría unha volta do mundo cunha sensación de normalidade”. A vacina “salvaría millóns de vidas” e permitiría aforrar “miles de millóns de dólares”, subliñou en abril.

MÁIS DE 100 PROXECTOS EN MARCHA

Tendo en conta do interese global que espertan, tanto a nivel sanitario como económico, o número de proxectos para fabricalas non deixa de aumentar. A Organización Mundial da Saúde (OMS) rexistrara a finais de abril 76, cinco dos cales en fase de ensaios clínicos. Agora xa contabiliza 110, oito deles en fase de ensaios clínicos (ao 11 de maio). A London School of Hygiene & Tropical Medicine indicou que, polo menos, están a levarse a cabo 157 proxectos de vacinas anti- COVID, once dos cales, en fase de ensaio clínico.

DIFERENTES ENFOQUES

A OMS clasificou o centenar de proxectos en curso en oito categorías distintas, que se corresponden con tipos de vacinas probadas ou experimentais. Trátase das clásicas vacinas do tipo “vivas atenuadas” ou “inactivas”, vacúas chamadas ” subunitarias” a base de proteínas (cun antígeno ao sistema inmunitario, sen partículas virales).

Tamén se iniciaron proxectos de vacinas de tipo “con vector viral”, que utilizan técnicas punteiras para fabricar virus cuxo único obxectivo é provocar unha reacción inmunitaria no ser humano; e outros de vacinas “de ADN” ou “de ARN”, que son produtos experimentais que utilizan fragmentos de material xenético modificado.

O FRACASO TAMÉN É UNHA OPCIÓN

A exploración de múltiples pistas aumenta as posibilidades de que a empresa se salde con éxito. “O feito de que haxa moitos tipos diferentes de vacinas alenta a esperanza de que atopemos algo que funcione e que protexa”, comentou a viróloga francesa Marie- Paule Kieny. Pero “o camiño cara a unha vacina eficaz é tortuoso e só un puñado de vacinas poderán ter éxito”, matizou a investigadora británica Sarah Caddy, da fundación Wellcome Trust e da Universidade de Cambridge.

Descártase a posibilidade de que non se logre ningunha vacina eficaz? “En investigación, nunca se descarta nada”, contestou o director científico do Instituto Pasteur, Christophe d’ Enfer, citando o exemplo do VIH. “Máis de 30 anos despois do seu descubrimento aínda non se atopou ningunha vacina” contra a sida, recalcou a finais de abril.

ACELERACIÓN SEN PRECEDENTES

Neste contexto, o anuncio de Sinovac Biotech, un dos catro laboratorios chineses autorizados a realizar ensaios clínicos, de que estaba preparado para producir 100 millóns de doses de vacina ao ano baixo o nome comercial de ” Coronavac” pode parecer un tanto precipitado, pois aínda non se probou que a súa vacina sexa nin eficaz nin segura.

Pero non é o único que acelerou o paso: o laboratorio farmacéutico estadounidense Pfizer xa indicou que quere producir de 10 a 20 millóns de doses dunha vacina expermiental para finais de ano.

En Francia, o Instituto Pasteur empezará os ensaios clínicos do seu proxecto de vacina máis avanzado en xullo e espera ter os primeiros resultados en outubro, segundo a coordinadora, Christiane Gerke. “En xeral, o desenvolvemento de vacinas dura decenas de anos”, comentou Barney S. Graham. “Ter vacinas aprobadas e dispoñibles para ser distribuídas a gran escala, para fins de 2020 ou mesmo 2021, sería algo nunca visto”, agregou.

DISTRIBUCIÓN IGUALITARIA?

Se se obtivesen resultados positivos rapidamente para as primeiras vacinas, a cuestión que se exporá inmediatamente será sobre a súa utilización e dispoñibilidade. “A gran cuestión é saber como se utilizarán esas vacinas. Todo o mundo teme que llas apropien os países que antes puxesen en marcha as capacidades de produción no seu territorio”, dixo na radio France Info Marie-Paule Kieny.

A finais de abril, a OMS organizou unha reunión internacional para garantir unha “distribución equitativa de vacinas”. Na teleconferencia participaron os xefes de Estado europeos pero nin Estados Unidos nin China estiveron representados.

AFP

Comentar noticia

Your email address will not be published.