Así votaron os vigueses este #25S

Publicado por o día 25/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,Vigo

Así votaron os vigueses este #25S

Con máis do 98% escrutado, así votaron os vigueses este 25 de Setembro para escoller aos seus representantes no parlamento galego.

Partido Popular

Os populares lograron un total de 50.179 votos, mellorando os resultados de 2012 contorna a 200 votos e mantendo a primeira posición. (34,27% dos votos)

En Marea

En Marea afiánzase na segunda posición tanto na maioría de provincias de Galicia como en Galicia superando aos socialistas en máis de 6.000 votos. (27,76% dos votos)

PSOE

Se algo queda claro despois de diferentes eleccións ás que nos vimos sometidos nos últimos meses, é que Vigo vota a Caballero como alcalde e non as siglas do PSOE que para estas autonómicas viuse relegado á terceira posición cun 22,65% e un total de 33.158 votos.

BNG

O efecto Pontón tamén se fixo notar en Vigo e os nacionalistas romperon todas as enquisas publicadas que auguraban unha caída moito maior. O BNG perdeu en Vigo con respecto a 2012 contorna a 4.500 votos.

En quinta posición quedou Cidadáns cun total de 7012 votos (4,79%) e sexto PACMA con 2343 votos (1,60%.).