Asime asina un acordo de colaboración coa Asociación Marroquí do Automovil

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) estreita a súa cooperación con Marrocos a través do acordo asinado durante a Sexta Edición do Salón de Subcontratación do Automóbil, celebrado en Tánxer do 25 ao 27 de setembro.
Publicado por o día 27/09/2019 na sección de Galicia,Motor,Vigo

Asime asina un acordo de colaboración coa Asociación Marroquí do  Automovil
Durante a súa participación no salón do automóbil de Tánxer, Asime pechou un acordo con Amica (Asociación marroquí de Industria e Comercio de Automóbiles), polo cal ambas as asociacións comprométense a cooperar e coordinar actividades para a consecución de proxectos comúns entre empresas marroquís e galegas.
 
A través deste acordo, reforzarán o networking e os encontros B2 B que intensificarán tamén as relacións comerciais e mesmo investimentos nos respectivos países, ademais de apoiarse mutuamente para completar a cadea de valor en ambos os territorios.
 
Así mesmo, Asime e Amica comprometéronse a colaborar en proxectos e programas formativos e a participar nas distintas feiras organizadas por estas asociacións. É o caso de Mindtech, a feira referente do metal e as súas tecnoloxías asociadas no polo ibérico que celebrou este ano a súa primeira edición en Vigo e para a cal Amica xa confirmou asistencia como expositor na súa próxima edición en 2021.”
 
Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, declarou: “Desde ASIME imos seguir insistindo na colaboración entre empresas para fortalecer as matrices galegas e non perder o tren dun crecemento exponencial que vai ter Marrocos nos próximos anos en automoción, metalmecánica e fabricación de elementos de transporte”.
 
Para 2020, AMICA espera que o sector alcance unha facturación de máis de dez mil millóns de euros, incrementando a máis de mil millóns os requisitos de subcontratación. Neste marco, un dos retos principais que identificaron Amica e Asime durante o seu encontro é a necesidade de Marrocos de contar con máis provedores de estampaxe en metal.
 
Durante a súa participación no Salón do Automóbil de Tánxer, Asime contou tamén cunha caseta institucional, onde recibiu a visita do Ministro Marroquí de Industria, Investimento, Comercio e Economía Dixital, Sr. Moulay Hafid Elalamy, e tivo presenza na xornada de conferencias cun relatorio do seu Secretario Xeral, Enrique Mallón.
 
Ademais de Asime, outras empresas galegas como vapores Suardiaz, Equipos Lagos e Ctag estiveron tamén presentes neste salón do automóbil de Tánxer.