ASIME e o Grupo de Industria Auxiliar reuníronse hoxe cos sindicatos para urxir solucións en Barreras

Publicado por o día 21/10/2019 na sección de CC.OO,CIG,Naval,Sindicatos,UGT

ASIME e o Grupo de Industria Auxiliar reuníronse hoxe cos sindicatos para urxir solucións en Barreras

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e o Grupo de Industria Auxiliar que coordina ás 32 principais industrias que traballan no estaleiro Barreras reuníronse hoxe cos distintos sindicatos con representación no estaleiro para abordar a situación actual.

Ás 9.00 hs. tivo lugar o encontro con Comisións Obreiras, seguido ás 10.00 hs. por UXT e ás 12.30 por CIG.

Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, declarou: “É necesaria unha saída urxente a esta situación nun máximo de 48-72 horas. Hai capacidade suficiente en Galicia para terminar os proxectos de Barreras e é fundamental que se satisfagan as débedas coa industria auxiliar, que ascenden a máis de 20 millóns e están a poñer a varias empresas ao límite do preconcurso. A industria auxiliar non pode aguantar moito máis, o tempo acábase”.

A situación no estaleiro Barreiras afectou xa ao seu persoal de 200 traballadores, a 200 da industria auxiliar e paralizou ou rescindiu xa 700 empregos. “Hai máis de 1.000 empregos que poden verse afectados se non se alcanza unha solución viable para todos os contratos do estaleiro”, engadiu Enrique Mallón.

Alberto Rocha, letrado asesor do grupo de industria auxiliard, declarou: “A industria auxiliar está a expensas das decisións dos demais actores e estamos a tentar buscar solucións, asumindo un papel que en principio non lle correspondería á industria auxiliar pero que se fai necesario pola urxencia da situación.

“Incidimos na conveniencia da venda de accións ou ampliación de capital, e trasladamos a disposición total da industria auxiliar a cumprir cos encargos contratados”, engadiu Alberto Rocha.

Os distintos sindicatos sumáronse a esta urxencia na procura de solucións, destacando que xa hai varias empresas ao límite que se están vendo forzadas a iniciar ES e preconcursos.

Durante a reunión, Asime e sindicatos fixeron un chamamento urxente a accionistas, cliente principal e administracións públicas, especialmente a Xunta, para dar saída á situación de Barreras, que ten en xaque á industria auxiliar e que pode acabar afectando a outros estaleiros galegos e españois.

Comentar noticia

Your email address will not be published.