Asinada hoxe a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Pontevedra

Os traballos inclúen a reparación e substitución de fiestras de madeira e a colocación de lámpadas de tecnoloxía LED e luminarias
Publicado por o día 11/06/2020 na sección de Galicia,Pontevedra,Xunta de Galicia

Asinada hoxe a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Pontevedra

A Xunta asinou hoxe a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra cos responsables da empresa adxudicataria para que poidan dar comezo os traballos. O prazo de execución é de catro meses.

As actuacións que se levarán a cabo neste edificio xudicial inclúen a reparación ou substitución das fiestras de madeira da fachada principal e das plantas altas dos patios interiores, así como a reparación e pintado das contraventás existentes e das reixas nas ventás.

Ademais, serán renovadas as luminarias dos locais de ocupación habitual por lámpadas con tecnoloxía LED incluíndo sistema de control de iluminación. Deste xeito, mellorarase a cualificación enerxética do inmoble e obterase un aforro de enerxía eléctrica do 17%.

Comentar noticia

Your email address will not be published.