O Instituto Carlos Casares de Vigo abandonado polas administracións públicas

Asistir a formarse no Instituto Carlos Casares de Vigo é un risco e un perigo pola NON humanización da súa contorna.
Publicado por o día 13/04/2017 na sección de Protestas,Vigo

O Instituto Carlos Casares de Vigo abandonado polas administracións públicas

O instituto Carlos Casares de Vigo levan moito tempo pedindo axuda ás administracións, tanto ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia, vendo que ditas institucións incumpriron a súa palabra de que poñerían medidas de seguridade no centro, os pais e nais rompen en cólera decidindo denunciar o seu caso para que se poña remedio urxente ao seu problema.

Fai cuestión dun ano os alumnos e alumnas do centro realizaron un vídeo no cal denuncian as súas dificultades para entrar e saír do centro, este vídeo lanzárono para que as institucións tomasen algunha medida ao respecto.


O alcalde da cidade de Vigo recibiu unha chamada no seu programa de television “Vigo de Cerca” en LocaliaVigo da Anpa do centro pedíndolle axuda para mitigar a situación pola cal están a atravesar e o alcalde comprometeuse a que tomaría medidas dicindo que é “intolerante o que están a pasar, tomaremos medidas desde mañá mesmo”, facendo así Abel Caballero o seu compromiso, deso fai xa un bo tempo.

Cabe lembrar que ditas estradas que poñen en perigo a integridade dos estudantes teñen diversas titularidades como Goberno central, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Pontevedra.

Nunha chamada de teléfono a este medio de Lourdes Quintas a presidenta da ANPA do centro remarcaba «Non hai beirarrúas por onde ir os nenos. Van coller o autobús onde está o Gorxal, diante das vivendas, e para chegar ata alí cruzan a estrada que vén da Universidade. Non hai paso de peóns».

Dando unha volta pola zona pódese comprobar como hai sinais que están agochadas baixo a maleza que se acumula nas beiravías e cunetas, cunetas que usan os nenos e nenas para abandonar e acceder ás suas instalacións.

Cabe sinalar que a zona onde se sitúa este centro escolar é unha zona na que o trafico de turismos, autobuses e camións é constante xa que é paso obrigatorio para as súas rutas, algúns condutores coñecen a zona polas numerosas veces que a realizan pero desde o ANPA do centro temen que suceda unha desgraza como a que sucedeu hai un tempo atrás onde hai uns anos falecía unha nena atropelada.

Hai un tempo atrás colocaron un paso elevadizo para que o puidesen usar os nenos e nenas do instituto pero dito paso elevadizo sofre constantes abandonos facendo así dito paso un paso terrorífico, cando sopra o vento máis o verdín do chan fai que a travesía polo mesmo sexa perigosa e isto complícase aínda máis cando fai aparición a choiva. Lurdes di que é curioso que logo de que os estudantes ao finalizar a súa travesía perigosa por ese paso elevadizo o perigo segue xa que os estudantes atópanse coa mesma situación de perigo, sen beirarrúas, sen beiravías ben sinalizadas, sen beiravías amplas, o cal os estudantes e estudantes teñen que empregar un chaleco reflector para ser visionados polos conductoras e conductores que empregan a carretera.

Polo que poden ver ir e saír do instituto convértese nun perigo e mentres tanto as administracións pásanse a pelota dun lado para o outro mentres os estudantes deste centro cada día téñense que xogar a vida para recibir a súa formación diaria, a que agardan, a que suceda outra desgraza?