A Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX) anima á cidadanía para pasar con eles a noite de San Xoán

En Vigo a noite de San Xoán é unha experiencia máxica
Publicado por o día 19/06/2016 na sección de Eventos

A Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX) anima á cidadanía para pasar con eles a noite de San Xoán

O verán iníciase en Galiza coas fogueiras de San Xoán. En Vigo a noite de San Xoán é unha experiencia máxica. Este ano é a primeira vez que na contorna do antigo Hospital Xeral-Cies realízase dita noite.

A tradición de celebrar a noite máis curta do ano remóntase a épocas moi anteriores ao cristianismo, coa celebración do solsticio de verán, na noite do 23 ao 24 de xuño. Nós antepasados temían que o sol non volvese ao seu total esplendor. Por esta razón, iniciaban ritos de lume purificadores á tardiña, para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar enerxías.

Vigo celebra San Xoán con moito entusiasmo, ao redor das fogueiras e realizando todo tipo de ritos tradicionais, nunha noite na que non se dorme e na que se di que se abren as portas a outros mundos.

O prato típico da noite de San Xoán son as sardiñas asadas, as cales na fogueira realizada por ACEX poderán degustar a prezos populares, non só poderedes gozar das típicas sardiñas senón tamén de churrasco, a típica queimada e moitas outras cousas máis.

Despois de comer o tradicional é estar ao redor da fogueira e cando está máis baixa é facer 9 saltos para purificar a alma e así estar protexido dos malos espíritos. Mais acabar de estar na fogueira recóllense plantas aromáticas (Herbas de San Xoán), que se deixan en auga toda a noite para lavarnos a cara despois de ir ver o amencer vendo para as Illas Cíes.

Co gran sol nacente do solsticio, o ceo e a Ría fúndense nunha fogueira de luz multicolor que lembrar para sempre.

A limpeza do rostro pola mañá é para ter boa saúde o resto do ano.

Así que xa sabedes, vir pasar a noite de San Xoán na contorna do antigo Hospital Xeral de Vigo, vos esperan as 21h na Praza de Santa Rita.