A asociación convoca mañá 27 ás 7 da tarde, unha concentración para demandar un autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Mañá 27 de setembro ás 7:00 da tarde diante do mercado de Teis
Publicado por o día 26/09/2016 na sección de A.V. Teis,Protestas,Social,Vigo

A asociación convoca mañá 27 ás 7 da tarde, unha concentración para demandar un autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, logo da asemblea celebrada fai quince días coa veciñanza, acordaron convocar unha concentración mañá 27 de setembro ás 7:00 da tarde diante do mercado de Teis, para revindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro

Desde a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai un ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobus urbano cara o novo hospital desde Teis.

A veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate a avenida de García Barbón (Casa de Artes e Oficios) H1 ou até os Choróns H2 para poder conseguir un enlace para ir ao novo hospital.

Non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis. A liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos.

Debemos ter en conta que unha parte importante dos/as usuarios/as son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares.

Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital desde Teis.

Desde a Asociación entendemos que debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis.

O goberno municipal debe esixir a empresa concesionaria “Vitrasa“ que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas da veciñanza de Teis.

A Asociación xa solicitou dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, sen recibir até o de agora ningunha resposta.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, propoñemos que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos.