A asociación cultural O Castro de Vigo organiza unha conferencia sobre a pintora galega Maruxa Mallo

Publicado por o día 29/03/2017 na sección de Cultura,Vigo

A asociación cultural O Castro de Vigo organiza unha conferencia  sobre a pintora galega Maruxa Mallo

O xoves 30 de marzo a AC O Castro organiza unha conferencia sobre Maruxa Mallo, a excepcional artista protagonista do Dia das Artes Galegas 2017 sob o título As xeometrías ocultas de Maruxa Mallo. Terá lugar na libraría Andel, situada na Avda. Camelias, no 102 (Vigo) ás 20 h e contará coa presenza do crítico de arte Xosé Carlos López Bernárdez e da profesora de arte Maribel Álvarez Ilarri.

O Día das Artes Galegas está promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes e comezou a celebrarse en 201. Este ano está dedicado a Maruxa Mallo, a mellor das pintoras galegas do século XX.

Artista multidisciplinar galega, republicana, inconformista, independente, rebelde, transgresora e feminista que reivindicou o seu papel na arte. A muller audaz e brava que pintou moito na xeración que lle tocou vivir, os seus óleos, cerámicas, escenografías e instalacións artísticas varias chamaron a atención e impactaron na sociedade máis culta e literata.

Unha muller forte que tivo que loitar contra o estigma da ignorancia por nacer con xénero feminino e que a reprimía ao anquilosamento e á morte como artista. Unha vida dura, pero que deu co fragor do tempo os seus mellores froitos artísticos. Maruxa Mallo, a muller pintora, non o tivo fácil. Traballou duramente sen perder a ilusión, porque era apaixonada e sabía estudar, buscar e perseverar no seu traballo como a loitadora férrea e atípica que era.