A Asociación Galega de Linfedema contará cun punto de información no hospital de Meixoeiro

Todos os segundos mércores de cada mes, desprazarase ata o Meixoeiro unha persoa da entidade para atender as consultas das persoas asociadas da zona de Vigo
Por o 13/02/2018 | Sección: Sanidad,Social
A Asociación Galega de Linfedema contará cun punto de información no hospital de Meixoeiro

A Asociación Galega de Linfedema (AGL), que ten a súa sede en Vilagarcía de Arousa (Rúa López Ballesteros Nº 7 Oficina Nº 6) a partir deste mes de febreiro vai ampliar o lugar de atención ás persoas que viven con esta enfermidade que afecta ao sistema linfático, debido a unha malformación, disfunción, obstrución ou dano no mesmo.

Todos os segundos mércores de cada mes, empezando o 14 de febreiro, unha traballadora social da entidade desprazarase ata un local situado no segundo andar que lle cede o hospital do Meixoeiro de Vigo en horario de 17:30 a 19:30 horas para poder atender a todas as persoas asociadas da entidade e evitarlles o desprazamento ata Vilagarcía.

Durante estas dúas horas de atención, as persoas afectadas por linfedema de Vigo e comarca poderán ser informadas e asesoradas en todas as dúbidas que lles poidan xurdir. Lembramos que o linfedema é unha enfermidade que afecta 900.000 a máis de persoas en España.

Durante a primeira sesión de atención no hospital do Meixoeiro, o vindeiro 14 de febreiro, desprazaranse ata o punto informativo tanto a traballadora social da entidade como membros da xunta directiva.

AGL é unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa a persoas afectadas e familiares nacendo como resposta á necesidade de apoio, información e representación das persoas afectadas por Linfedema.

AGL é unha das entidades de discapacidade orgánica que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), formando parte da Comisión Sociosanitaria xunto a outras 25 entidades máis que representan a diferentes enfermidades crónicas.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.