A Asociacion Galego-Bolivariana Hugo Chavez fai un chamamento

A asociación fai unha chamada de alerta ás organizacións, colectivos e xentes solidarias coa Vencezuela Bolivariana
Por o 30/08/2016 | Sección: Social,Vigo
A Asociacion Galego-Bolivariana Hugo Chavez fai un chamamento
Compartir en:

A asociación fai unha chamada de alerta ás organizacións, colectivos e xentes solidarias coa Vencezuela Bolivariana.

Ante a convocatoria dunha marcha sobre Caracas para este 1 de setembro que fará e organizara a venezolana representada na Mesa de la Unidad Democrática solicitan a vosa atención e disposición a emprender actos de solidariedade coa irmá República.

Sen dúbida non se opoñen á libre manifestación e expresión pública das discrepancias, pero coñocen os precedentes e catadura dos convocantes temen que aproveiten a ocasión para sementar novamente a violencia e morte (son moitas as incitacións nas redes chamando a que corra o sangue).

Dende a Asosación berran as consignas seguintes:

  • ALERTA COMPAÑEIRAS – COMPAÑEIROS
  • PREPARADAS NA SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN BOLIVARIANA
  • ATA A VITORIA SEMPRE