A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia forma alumnado de instituto na identificación de violencia contra as mulleres con discapacidade

Por o 21/11/2016 | Sección: Cultura,Deputación de Pontevedra,Social,Vigo
A Asociación de Mulleres con  Discapacidade de Galicia forma alumnado  de instituto na identificación de violencia  contra as mulleres con discapacidade

Sesenta estudantes da ESO do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo e o IES Proval de Nigrán participan en talleres de detección e erradicación de violencia contra as mulleres con discapacidade.

Impartidos pola Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia -ACADAR- e financiado pola Deputación de Pontevedra, o proxecto formativo denominado “VIO7 -Ver para erradicar” pretende fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia cara ás mulleres con discapacidade. Ademais, de xeito transversal traballarase a perspectiva de xénero co obxectivo de aumentar a igualdade real e efectiva entre o alumnado participante.

Para ilo, a formación desenvolverase en 4 obradoiros interactivos e participativos que se executarán ao longo dos meses de novembro e decembro nos dous centros educativos, sendo estas as datas e horarios:

IES Álvaro Cunqueiro de Vigo

  • luns 21 de 17:15 a 18:15 horas
  • luns 28 de novembro de 12:30 a 13:30 horas

IES Proval de Nigrán

  • martes 22 e 29 de novembro de 13:30 a 14:30 horas
  • xoves 24 de novembro de 10:30 a 11:30 horas
  • xoves 1 e 15 de decembro de 10:30 a 11:30 horas
  • martes 13 e 20  de decembro de 13:30  a 14:30 horas