A asociación Nós Mesmas busca apoios para o día do orgullo en Vigo

A asociación Nós Mesmas loita polos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais en Vigo e pontevedra
Publicado por o día 13/06/2017 na sección de Eventos,Social,Vigo

A asociación Nós Mesmas busca apoios para o día do orgullo en Vigo

En Vigo a asociación leva 9 anos creando o día do orgullo LGTBI libre, digno e reivindicativo máis combativo.

Nós mesmas festexan a diversidade, a liberdade de ser quen é e visibilizándose, tamén reivindican os seus dereitos aquí e en todo o mundo, denuncian as agresións, a lgtbifóbia e a discriminación e manteniendose en pé loitando porque o mundo sexa, cada día, máis e máis diverso!

Un ano máis tentan sacar unha programación de Orgullo que responda a ese espírito, é un ano máis necesitan da colaboración cidadá, desde noticiasvigo.es facemos un chamamento á cidadanía para que lles boten unha man.

Como colaborar?

Facendo un donativo, calquera cantidade conta!
Podes facer un ingreso na conta de Nós Mesmas:
ES50 0049 1788 26 2390013927

Ou facelo a través de Paypal coa túa tarxeta (non precisas conta en PayPal e non ten coste para ti):
PayPal.Me/nosmesmas

Como voluntario/a para as diferentes actividades, para distribuir cartaces pola cidade e arredores ou como voluntario/a para a manifestación do día 24:
Escríbelles a [email protected]

Mercando o noso Merchandaising!!! estará en tódalas actividades que realizaran pero non esperes a quedarte sen el! témolo xa na sua sede! Camisetas, bandeiras, pegatas, chapas… contacta por Whatsapp a:
627736965