Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo convoca concentración

Por o 26/09/2018 | Sección: Colectivos Feministas,Galicia,Vigo
Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo convoca concentración
Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, enviamos a convocatoria para a concentración que terá lugar o día 27 de setembro de 2018 ás 20h diante do Museo Marco.
Levamos 67 mulleres asasinadas e 10 menores no que vai de ano. Denunciamos a barbarie que se está levando a cabo coas mulleres, as atencións seguen aumentando cada ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas que o padecen.
Agardámosvos a todas e todos que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco.

Comentar noticia

Your email address will not be published.