Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo ven de convocar unha concentración en repulsa da violencia de xénero

Publicado por o día 26/02/2020 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Protestas,Social,Vigo

Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo ven de convocar unha concentración en repulsa da violencia de xénero

A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 27 de febreiro de 2020 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Levamos 17 mulleres e 1 crianzas asasinadas no que vai de ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas.

“As mulleres son asasinadas brutalmente diante das súas crianzas. Denunciaremos as inxustizas que están acontecendo para lograr unha sociedade igualitaria” manifestan a Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

Agardan unha vez máis que as acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Unha representante da nosa entidade lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.