A asociación de Teis demanda un plan para o asfaltado de varias rúas e camiños do barrio

Denuncian o mal estado do firme do estacionamento público da rúa Purificación Saavedra
Publicado por o día 29/12/2016 na sección de A.V. Teis,Social,Vigo

A asociación de Teis demanda un plan para o asfaltado de varias rúas e camiños do barrio

A Asociación dirixiuse ao longo deste ano a Concellaría de Fomento por escrito en varias ocasións, reclamando o asfaltado de varias rúas e camiño de Teis, debido o mal estado de conservación do firme, sen até o de agora recibir ningún tipo de resposta.

A Asociación, demanda o asfaltado da avenida de Dona Fermina, camiño do Paraixal, rúa Julian Estevez, avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos e Purificación Saavedra, incluíndo o estacionamento público

Denuncian que no caso da avenida de Dona Fermina e o camiño do Paraixal, xa o goberno municipal, anunciou o seu asfaltado o 7 de xaneiro de 2015. Despois de case dous anos, aínda estan agardando os seus veciños, polo asfaltado destas vías.

O  estacionamento público da rúa Purificación Saavedra,  presenta un número importante de fochancas de gran tamaño. Esta situación xa foi denunciado en varias ocasións neste ano. Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía.  

Por último, consideramos necesario a elaboración dun plan para o asfaltado dos camiños e rúas de Teis, que inclúa como mínimo os vías indicados entre outros.