Desde a Asociación Veciñal de Teis, se dirixirón por escrito a comezos deste mes de xuño ao Concello de Vigo, diante da proximidade do verán, solicitaron a necesidade de realizar unha actuación de urxencia de mellora dos espazos e do entorno da praia da Punta.
A praia da Punta, cando a marea está alta queda moi pouco espazo, o que provoca que a veciñanza este amoreada no formigón ou no peirao.
No espazo de formigón hai buratos, a rampla de aceso esta afundida e no paseo marítimo hai zonas sen firme.
O espazo existente a altura da praia (entre o paseo marítimo e o parque público) poderíase acondicionar como zona verde, o que permitiría que a veciñanza se colocase no mesmo. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación.
É necesario desmontar a torre de vixilancia, a altura da praia da Punta, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, e xa producíronse algún desprendementos de pezas metálicas. Non chega con colocar un valado ao redor da torre.
A praia da Punta e o entorno a ETEA, están infrautilizados, pola falta de interese e de xestión por parte do goberno municipal.
A praia da Punta, é unha praia que conta con bandeira azul e a máis concorrida de Teis, polo que é necesario mellorar os espazos da mesma.
Fotografías da actual faciana da dita zona