A Asociación veciñal de Teis organiza excursión a Cíes con saída desde a ETEA

Publicado por o día 15/07/2017 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A Asociación veciñal de Teis organiza excursión a Cíes con saída desde a ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, organiza como nós últimos anos, este vindeiro domingo 16 de xullo, unha excursión para veciñanza de Teis, para ir as illas Cíes.

Este ano como novidade o barco partirá por primeira vez desde o peirao da ETEA ás 11:00 horas e regresara das illas ás 20:40 horas, para desembarca na ETEA. O barco xa esta completo e son 250 veciños/as, os que realizarán esta excursión.

A decisión de saír do peirao ETEA, evita que a veciñanza teña que ir coller ao barco a estación marítima de ría e permite pode usar un peirao en bo estado de conservación e amosa as potencialidades dos terreos da ETEA.

Esta asociación conseguiu logo de moitas xestións unha autorización puntual para usar o peirao da ETEA.