A Asociación Veciñal Teis solicitará ao Concello de Vigo ampliar os horarios da liña H3

A posta en funcionamento da liña H3 é un logro veciñal
Publicado por o día 23/02/2017 na sección de A.V. Teis,Concello de Vigo,Social,Vigo

A Asociación Veciñal Teis solicitará ao Concello de Vigo ampliar os horarios da liña H3

Na asemblea informativa celebrada na tarde de onte, acordouse solicitar ao Concello de Vigo, unha mellora dos horarios da nova liña H3, desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro.

A asemblea acordou que a nova liña H3 teña unha frecuencia de 60 minutos, para poder dar un bo servizo a veciñanza, que se despraza ao hospital, para consultas, probas ou visitar familiares.

Hai unha semana Abel Caballero, anunciaba a posta en funcionamento da nova liña de autobús H3, en quince días.

A posta en funcionamento desta liña conseguiuse pola mobilización e a reivindicación da veciñanza de Teis.

A nova liña só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada.

Esta nova liña só funcionara de luns a venres. Non haberá ningún servizo, nin sábados, nin domingos, nin festivos. Non se tratar só de anunciar a posta en funcionamento unha nova liña. Esa liña debe atender as necesidades da veciñanza e favorecer que a veciñanza utilice o transporte urbano.