Asociacións e Partidos Políticos de Galicia expresan solidariedade con Venezuela

Partidos políticos e diversos grupos galegos de solidariedade co proceso revolucionario venezolano e cos procesos sociais que se desenvolven en América Latina fixeron presenza na sede do Consulado Xeral da República Boliviana de Venezuela en Vigo
Publicado por o día 15/09/2016 na sección de Protestas,Vigo

Asociacións e Partidos Políticos de Galicia expresan solidariedade con Venezuela

Representantes de partidos políticos e diversos grupos galegos de solidariedade co proceso revolucionario venezolano e cos procesos sociais que se desenvolven en América Latina fixeron presenza na sede do Consulado Xeral da República Boliviana de Venezuela en Vigo o martes as 19h, coa finalidade de facer entrega dun manifesto en apoio ao Presidente Maduro, ao pobo venezolano e aos pobos socialistas de América Latina.

Durante a concentración, as asociacións condenaron o plan de desestabilización posto en marcha en Venezuela, resultado do golpe continuado que pretende derrocar ao goberno lexítimo do Presidente Maduro.

A concentración e o manifesto levou a cabo no contexto do chamado que realizase a oposición venezolana á toma da cidade de Caracas, o pasado 1 de setembro, que pretendía xerar feitos de violencia coa intención de impactar na opinión pública mundial coa finalidade de ser permitida unha intervención militar de forzas estranxeiras en Venezuela.

Os representantes de máis de 20 organizacións de Galicia, fixeron un chamado a todas as organizacións progresistas de paz e de solidariedade a intensificar o traballo a favor dos pobos de América Latina, especificamente co pobo venezolano que se viu afectado e o cal se atopa en defensa da súa soberanía.

Pola súa banda, a Cónsul Xeral de Segunda – Xefe Interina- Mónica Alejandra Sánchez Morles, e o Cónsul de Primeira, Ou´Brien Ernesto Guerra Córdova recibiron o manifesto e expresaron en nome do Goberno Bolivariano, a súa gratitude polas mostras de apoio nestes momentos de defensa da Patria, ao momento que se comprometeron a facer difusión das devanditas expresións de solidariedade.

A continuación, lea o manifesto completo:

NON Á INXERENCIA IMPERIALISTA EN VENEZUELA E AMÉRICA LATINA

NÓS, os abaixo asinantes, enviamos a nosa solidariedade ao Presidente Maduro e ao pobo bolivariano de Venezuela, quen está resistindo os intentos das forzas de oposición dereitista de expulsar por medios violentos a un goberno elixido democraticamente. Condenamos o plan de desestabilización posto en marcha en Venezuela contra o presidente Nicolás Maduro. É a prioridade número uno de Washington na rexión, derrubar ao presidente Maduro e borrar todo o que semelle chavismo como ideoloxía e movemento social e político. É o golpe continuado desde o triunfo da Revolución Bolivariana, motivado pola posición geoestratégica de Venezuela, polos seus inxentes recursos enerxéticos, a radicalidad e popularidade do chavismo civil e militar e  o seu papel de liderado rexional. O que busca o capital imperialista, encabezado por EEUU, é a restauración neoliberal en toda a rexión, mediante o saqueo dos recursos naturais, a sobre-explotación do pobo traballador e a anulación do investimento social. Condenamos tamén o recente golpe contra a presidenta democrática de Brasil. A dereita brasileira revogou de forma antidemocrática o voto de máis de 50 millóns de cidadáns que elixiron a Dilma Rousseff.

Rexeitamos o goberno impostor de Temer ¡Fora Temer! Tanto o golpe de estado en Brasil como o intento de derrocar o goberno democrático en Venezuela, son parte dun proceso dirixido contra os gobernos progresistas da rexión e principalmente contra os países do ALBA. Non é ningún segredo quen está detrás deste plan: as grandes corporacións, os partidos e gobernos da dereita internacional, os medios de comunicación do capital e, principalmente, o goberno dos Estados Unidos. Son os mesmos intereses que urdieron o golpe militar contra o Presidente Salvador Allende en Chile, o 11 de setiembre de 1973, e estableceron un réxime de terror co resultado de miles de mortos  e desaparecidos. Facemos un chamado a todas as organizacións progresistas, de paz e de solidariedade para que xuntos intensifiquemos o noso traballo en favor dos pobos de América Latina, e en particular co pobo venezolano que se defende bravamente da violencia golpista mentres padece un criminal cerco contra a súa economía básica. A súa loita sérvenos de exemplo a millóns e sementa conciencia de emancipación e progreso en todo o mundo. Agora, máis que nunca, é o momento da solidariedade.

VENEZUELA RESPÉCTASE GALICIA CON MADURO E DILMA

ASINAN O MANIFESTO:

ANOVA-IN; ANTICAPITALISTAS GALIZA; ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO; ASOC. DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL; ASOC. GALEGO-BOLIVARIANA HUGO CHÁVEZ; BLOQUE NACIONALISTA GALEGO; COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN; CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA; CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES; ERGUER GALIZA; ESQUERDA UNIDA; FRONTE POPULAR GALEGA; GALIZA NOVA; ISCA!; MAR DE LUMES; MOVEMENTO GALEGO AO SOCIALISMO; PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA; PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO; SINDICATO FERROVIARIO-INTERSINDICAL; XUVENTUDE COMUNISTA

Algunhas fotos do acto