Aspas estréase nesta tempada e dá a vitoria ao Celta diante do Athletic

O dianteiro de Moaña marca a súa primeira tanto na liga 2019-20 para sumar o segundo triunfo dos vigueses
Publicado por o día 06/10/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Aspas estréase nesta tempada e dá a vitoria ao Celta diante do Athletic

Un solitario gol de Iago Aspas, o primeiro que marca esta tempada, serviu ao Celta de Vigo para levar a vitoria diante do Athletic Club (1-0). Un tanto rodeado de incerteza porque o VAR corrixiu a decisión inicial do árbitro de anulalo.

Escribá colocou o seu equipo habitual, mentres que Garitano presentou as novidades de Balenziega e De Marcos, recuperado dunha lesión que o mantivo mes e medio fóra dos campos. Non houbo apenas ocasións durante o primeiro tempo. E iso que o partido abriuse cun perigoso cabezazo de Aspas na primeira xogada. Foi un espellismo.

Custoulle ao Celta rachar a orde defensiva do conxunto de Garitano. Con pouco ritmo e sen apenas capacidade de sorpresa no seu ataque, o equipo galego refuxiouse nun saque de esquina para sentenciar o partido, un córner que prolongou de cabeza Santi Mina para que marcase o gol Iago Aspas no segundo pau. O árbitro anulou o cabezazo de Aspas por fóra de xogo, pero o VAR corrixiu esa decisión, pois Williams habilitaba a posición do dianteiro celeste.

O gol deixou sen reacción ao Athletic, a pesar de que Garitano reforzou o ataque con Aduritz e Larrazabal.

Iago Aspas: “Espero que sexa o primeiro de moitos”

O crack de Moaña, autor do gol da vitoria ante o Athletic Club (1-0), atendeu a Celta Media tras o partido xogado en Abanca Balaídos.

Denis Suárez: “Isto é o inicio de algo bonito”

O centrocampista celeste analiza a vitoria 1-0 con gol de Iago Aspas ante o Athletic Club.

Fran Escribá: “Foi un bo partido ante un bo rival”

O adestrador celeste, Fran Escribá, analiza o triunfo do conxunto vigués ante o Athletic Club en Abanca Balaídos, correspondente á xornada 8 de LaLiga. Ledicia e tranquilidade para afrontar o seguiente partido do equipo, o día 20 de outubro fronte ao Alavés, fóra de casa.

Ficha técnica:

1- RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Aidoo, Araujo, Olaza; Rafinha (Brais, min 72), Lobotka (Pape, min 82), Yokuslu, Denis Suárez (Beltrán, min 88); Iago Aspas, Santi Mina

0- Athletic: Unai Simón; Capa, Yeray, Íñigo Martínez, Balenziaga; Dani García, Vesga (Larrazabal, min 81); De Marcos (Sancet, min 66), Raúl García, Muniain (Aduriz, min81); Williams.

Goles: 1-0 Aspas, min 73

Árbitro: Media Jiménez, do comité catalán. Amoestou a Balenziaga, Raúl García, Yeray, Íñigo e Capa (Athletic)

Campo: Abanca Balaídos (19.690 espectadores)

Comentar noticia

Your email address will not be published.