Ata finais de mes, acceso de balde ás instalacións deportivas

Nos tres campus ata o 31 de maio
Publicado por o día 23/05/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

Ata finais de mes, acceso de balde ás instalacións deportivas

Dende esta semana e ata o vindeiro 31 de maio, a comunidade universitaria poderá probar de balde as vantaxes do abono Muver, que proporciona acceso libre e individual ás instalacións e ás actividades deportivas da Área de Benestar, Saúde e Deporte. Esta proposta esténdese aos tres campus da Universidade de Vigo no horario de apertura tanto das salas cardio-fitness, como das salas de tenis de mesa, as pistas de atletismo de Vigo e Ourense, as pistas de tenis de Vigo e Ourense, o muro de escalada de Vigo e o servizo de préstamos de bicicletas BTT no campus de Vigo.

Ademais, o abono tamén inclúe acceso gratuíto a actividades dirixidas como fitness express, cross training, ioga, running, defensa persoal, chan pelviano, escalada… así como seguimento técnico dos programas de adestramento. participación nas actividades do equipo de carreiras populares da Universidade de Vigo e un 20% de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas, nos servizos de saúde e nas actividades puntuais no medio natural.