Atención pediátrica deficiente no Morrazo

A poabación infantil de Cangas e Moaña suman 5.963 rapaces e rapazas de entre 0 e 15 anos e a plantilla de pediatras para atender a estes nen@s son catro facultativos no centro de saúde de Cangas (3.570 nen@s) e dous no centro de Moaña (2.393 nen@s).

Dase a circunstancia que o centro de saúde de Moaña, atopuse estes días sen ningún dos dous pediatras que lle corresponde tendo que desprazarse un pediatra do C.S. de Cangas a Moaña, centro que xa ten mermada a súa plantilla pola renuncia, por mellora laboral, dun dos catro pediatras cos que conta o centro.

En Cangas xa estamos a padecer unha situación de déficit na atención da poboación infantil dende fai tempo: retirada da consulta de pediatria en Aldán e peche da consulta da tarde do C.S. de Cangas.

Dende A Voz Da Sanidade de Cangas denunciamos que debido a esta merma na plantilla de Pediatría en Cangas, pola renuncia de mellora laboral dun dos especialistas, 1.000 nenos e nenas deste concello , a día de hoxe non teñen asignado un/unha pediatra tal como está establecido na lei e a EOXI de Vigo, non mostra ningunha intención de comunicar dita situación ás nais e pais destes nenos e nenas, orixinando unha situación de desigualdade na atención pediátrica entre a poboación infantil de Cangas.

Entendemos que é responsabilidade da Administación dar acceso ás prestacións sanitarias en condicións de igualdade para tod@s, situación que actualmente non se cumple.

Por outro lado, quermos facer público que aínda estamos á espera de que o Xerente da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña, cumpra a promesa do mes de xullo de manter unha reunión coa nosa asociación para abordar este e outros problemas sanitarios que temos en Cangas.

Asdo.: Carmen Nores Maquieira

Presidenta da asociación A Voz Da Sanidade De Cangas

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM