Atentado contra o monólito da memoria das vitimas da dictadura en Teis

Esixen ao concello a limpeza do monólito
Publicado por o día 24/05/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Atentado contra o monólito da memoria das vitimas da dictadura en Teis

A Asociación Veciñal de Teis ven denunciar que o monólito en memoria dos repesaliados/as e asasinados/as durante a ditadura fascista, colocado no parque da Guía, sufriu hai varias semanas un ataque.

Este monólito que promoveu da Asociación Veciñal de Teis inaugurouse o 27 de decembro de 2008 no parque da Guía, a escasos metros do lugar onde foron asasinados polos fascistas os veciños de Teis Angela Iglesias Rebollar e José Niebla García o 11 de abril de 1937.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, “temos moi claro que non é un acto vandálico se non un ataque ideolóxico contra un monumento da memoria histórica”, manifestan.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, o pasado 06/05/19 solicitaron por escrito a Concellaría de parques e xardíns a limpeza da pintada sobre o monólito, sen até o de agora se fixera nada. Polo que esixen do Concello de Vigo, que se proceda a limpeza do monólito de xeito inmediato.

Fotos do atentado